Poucas cousas vencellan máis a unha terra co seu pasado, que os oficios artesáns conservados xeración tras xeración. Pedra, madeira, barro, auga e lume… elementos sabiamente misturados polas máns dos nosos artesáns, que conseguen crear pezas únicas, de gran armonía e beleza. ALBERTE ARTESANÍA, dende o cerne de Galicia (Lalín) ofrécelles un amplo abano do traballo dos mellores artesáns das catro provincias, conxugando tradición e vangardismo, para ofrecer un servizo de decoración personalizado, para cada un dos nosos clientes, baseado na calidade e na pureza dos materiais.
Novidades ...
Impacto Ambiental do Moble Artesán
Para facer mobles, hai que ter en conta varios factores como poden ser o deseño, calidade, ergonomía, prezo final, etc. O impacto ambiental non hai que consideralo en principio, xa que ningunha norma así ou esixe. Alberte Artesanía pensa que aquela persoa que queira amoblar a súa casa baixo criterios de sostenibilidade, pode facelo, e por este motivo usa un método de "valoración do ciclo de vida" dos produtos que vende.